Este anteproxecto de lei afecta ás atribucións do persoal funcionario público, xa que contén mecanismos como a externalización de actos administrativos e informes, a redución de prazos de participación pública e informe, a eliminación dos efectos vinculantes dos informes ou o silenciamiento do procedemento. 

A Lei de administración ambiental simplificada da Galiza pode directamente supor unha perda de emprego público e de calidade do servizo, máis ao omitir a necesidade dos informes do persoal funcionario público e da súa independencia e veracidade. Isto vai desembocar nunha menor garantía para o medio ambiente e para a saúde das persoas que vivimos na Galiza, xa que se executa unha cesión do control do patrimonio natural galego a intereses empresariais.

Lembra que o TSXG anulou parcialmente o Decreto 102/2023 que regulaba as “Entidades de Colaboración Ambiental (ECA)” e o rexistro de persoas expertas en avaliación ambiental, logo de denuncia da CIG por vulnerar o principio de reserva de funcións públicas. Este decreto, coa externalizabación de toda a tramitación da avaliación ambiental e a súa transferencia a entidades privadas, sen mecanismo de control adecuado por funcionarias/os públicos, suplantaba directamente á Administración Pública.

A Xunta do PP quere agora volver tentar privatizar informes para vender Galiza, pero o faino  de forma máis sibilina, vestíndoa de redución burocrática. 

Aínda que somos conscientes de que unha norma con rango de lei neste contexto de maioría absoluta no Parlamento do PP pode imporse tal como vai, non imos deixarnos vencer polo desánimo e xa estamos a preparar achegas para pararmos os preceptos lesivos que contén.  

Pregámosche que remitas as túas experiencias, suxestións ou alegacións  ao contacto da CIG antes do 25 de novembro para que poidan ser incorporadas nas alegacións.


Deixamos á túa disposición a documentación:

Participa!