A Xanela. Boletín da CIG de novembro de 2025, coas alegacións que presentamos aos grupos do Parlamento de Galiza para a Lei de medidas e a Lei de orzamentos para o 2026

Levamos máis dunha década de recortes e conxelación de dereitos, dos que moitos deles non se recuperaron. Nos novos tempos, os dereitos de conciliación, a mellora horaria, o dereito á mobilidade, o dereito á promoción profesional ou a garantía salarial, parecen cada vez máis asentados noutros ámbitos laborais e noutras administracións, máis non están en moitos casos garantidos para nós.

Recuperar eses dereitos perdidos, desenvolver os novos, e establecer un marco que os garanta, é algo fundamental para a CIG. De aí, que lles achegáramos aos grupos parlamentares as nosas alegacións a dúas leis que son de grande importancia para nós e que normalmente modifican outras normas que nos afectan enormemente. Hai moitas máis normas e regulamentos que deben mudarse, como por exemplo o relativo á carreira profesional e por iso as nosas pretensións non se esgotan aquí.