Na xuntanza de onte, mércores 10 de decembro da Comisión de Seguimento do acordo de Política Social a Consellaría lonxe de ofrecer solucións, perpetúan a burla que se está levando a cabo co acordo, parecendo máis ben unha tomadura de pelo.
A poucas horas da reunión da Comisión de Seguimento, a Consellería envía a documentación base que é practicamente a mesma que xa entregara en outubro de 2024 ignorando totalmente as alegacións e advertencias feitas polos Comités de empresa e o Intercentros.
Proposta inadmisíbel
A Xunta mantén medidas ás que xa nos opuxemos e introduce retrocesos graves, como permitir que o persoal renuncie ás súas vacacións para cubrir as doutras compañeiras. Pretenden converter o descanso dunhas en esgotamento doutras, vulnerando dereitos do persoal. Mudan as subscomisións, unificando cuestións que nada teñen que ver unhas con outras. Agora é unha soa subcomisión técnica.
Dereitos anunciados… pero imposibles de exercer
A Consellaría presume de conceder días de descanso, mais bloquea a súa aplicación real. É unha política de fachada, anuncian dereitos que logo impiden desfrutar.
Incumprimentos contínuos do acordo
Os exemplos son numerosos:
- Falta de dúas persoas en quenda de noite en todos os centros.
- Uso das “C” para romper secuencias.
- Interpretación restritiva e lesiva das RN.
- Solapamentos entre quendas.
- Máis do 50% das fins de semana e festivos traballados.
- Redución de presenzas por quenda.
- Sen medidas fronte a problemas derivados de perfís psiquiátricos nos centros. Os problemas de agresións nos centros non se poden tratar nunha subcomisión unificada, mesturando todo, agresións, intersubstitucións e comedor.
A Administración di que convocarán á subcomisión, pero non dan datas de cando pode ser, da mesma maneira que lle están dando largas ás nosas alegacións.
Pregúntase pola continuidade da negociación que recollía o Acordo como é a 2ª actividade da que non soubemos máis.
Interpélase tamén polas intersubstitucións que se están a producir no Consorcio de xeito oculto, movendo persoal dun centro para outro para facer fins de semana ou de centros de día ou escolas para outras por falta de persoal. Din que non son intersubstitución senón horas extras!!!!
Sobre o comedor, xa antes de estar no Convenio, existía e se pagaba.
A falsa solución da Subcomisión de Intersubstitucións
A única referencia á necesaria cobertura de persoal é unha Subcomisión limitada a “homoxeneizar vacacións e permisos”. Nada de reforzos reais, nada de cubrir necesidades, nada de solucionar a falta crónica de persoal. Traen as intersubstitucións xa definidas, substraendo de negociala nunha
subcomisión.
Un modelo de negociación baseado no incumprimento. O enfoque da Consellaría non garante descanso, nin planificación, nin dignidade laboral. Pretenden normalizar a falta de mínimos e o esgotamento por non cubrir ausencias.
Dende a CIG manifestamos o noso apoio incondicinábel á proposta do Comité intercentros e os Comités de empresa da Consellaría de Política Social das catro provincias, que acordaron unha serie de mobilizacións polo incumprimento fragrante do Acordo sobre as condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia da Consellaría de Política Social e Xuventude.
Coa mobilización poderemos conseguir mellorar as condicións de traballo !!!
13 de decembro, ás 11 na Alameda de Compostela,
Por unhas condicións de traballo dignas!
Por espazos de traballo sen violencias de ningún tipo!!
VOS SODES A NOSA FORZA!!!