Novas por contido

No DOG do 18/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza, nas cales se incorporan as solicitudes presentadas no prazo extraordinario aberto para as persoas incluídas nas listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e no prazo ordinario establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

Estas listas incorporan as solicitudes presentadas no prazo extraordinario comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril para as persoas incluídas nas listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e no prazo ordinario comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril, establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

As listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo), substituirán as listas propias do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na data que expresamente se determine na resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, que se publicará tan pronto como se elaboren as listas correspondentes ás escalas análogas ás categorías existentes no consorcio e quede garantida a viabilidade técnica do sistema de citacións.

Esta resolución pola que se establecerá a substitución dunha determinada lista propia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar por unha lista regulada polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo), será publicada no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...