A CIG convoca dúas novas asembleas abertas a través de internet para falarmos das condicións de traballo do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e do persoal de cociña en xeral.

O obxectivo é que a Xunta se sente a negociar coas organizacións sindicais un acordo que regule as condicións laborais deste persoal.

As asembleas van ser en dous días e horarios diferentes, para facilitar así a participación de máis compañeiras e compañeiros:

  • Mércores 13 de maio, ás 18:00 h

  • Mércores 20 de maio, ás 11:00 h

Para acceder, vai á ligazón https://i.gal/pndmaio26 

A diferenza da videoxuntanza do 15 de abril, estas dúas novas sesións van ser coas cámaras conectadas de todas as persoas participantes, e xa que logo, poderás intervir coa túa voz (non será necesario empregar o chat).