Na Comisión do venres 5 de xuño trasladamos o que xa rexistramos ante a Consellaría de Política Social a respecto do inicio de curso nas escolas infantís. 

As familias nestes días de matrícula están preguntando polo inicio de curso, e as respostas actuais son, por unha banda, incertezas e, pola outra, temos a resolución publicada co inicio de curso para o día 4 de setembro (con 3 días sen crianzas), con equipos novos na maioría dos centros (97%) e entrevistas individuais, de aula, de centro, organización de espazos, nomeamento a dedo das direccións (agardamos que de maneira provisional)...

Ante esta situación, dende a CIG xa rexistramos unha petición á Consellaría argumentada con todo isto e máis, para que adíen o inicio do curso, pero é que, ademais, xa nos están chegando peticións das traballadoras para que convoquemos folga se non se arranxa esta situación. Preguntámoslle á DXEP se ten previsto trasladar esta cuestión á Consellaría de Política Social e darnos resposta nuns días?

Ante isto a directora xeral di que falará coa Consellaría e daranos traslado.