A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa na anterior reunións os deixamos sentados e coa palabra na boca.

Nesta Mesa Xeral, dimos lectura dun comunicado conxunto de CIG, CCOO, CSIF e UGT, acordado previamente.

A Consellería de Educación, e a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, non traen nin datas nin propostas de cara a comezar coas negociacións do Acordo. Limítanse a impoñer a modificación da RPT sen ningún tipo de negociación, que será aprobado unilateralmente nunha vindeira Comisión de Persoal prevista para este venres 31 de xullo.

Novamente quedan plantados na mesa, e non vamos a tratar outros asunto coa Consellería de Educación mentres non haxa unha negociación dun Acordo para o persoal de administración e servizos.

A esta loita iniciada pola CIG xa fai dous anos, novamente volvesen a sumar as demais organizacións sindicais, de cara a remar todas xuntas por un acordo para o PAS. Seguiremos pelaxando ata acadar o Acordo. Si a Consellería non atende as nosas demandas, a CIG seguirá no conflito.

Non hai loita perdida, máis a que se abandona!!