Na MSF trouxeron a proposta da modificación da RPT Administración Xeral da Comunidade Autónoma na Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na que se amortizan dous postos para crear outros dous. Dende a CIG non estamos de acordo coas amortizacións pero o que ademais lle fixemos saber á DXEP é que estas presas débense a non ter feito os cálculos para dar postos nos corpos xerais a quen ten que tomar posesión o día 15. 

Na rolda de intervención tratamos as seguintes cuestións:

1) Datas dos vindeiros actos de elección de destino pendentes: A DXEP di que os seguintes serán o persoal de mantemento, limpeza, cociña, recursos naturais, conductorxs, e que será un volume moi alto de participantes. Es acto será neste mes de setembro pero como aínda hoxe resolveron o de persoal aux coidador, non teñen data de publicación. Que informarán nos seguintes días.

Di que neste mes irán rematando os concursos de traslados que están pendentes de resolverse e que a idea que teñen é ter todo listo en novembro.

2) Promoción interna 23, necesitamos saber se hai data programada e nos di que si, que está enviada para que se publique no DOG do 16/09/2026.

3) Segundo as instrucións de ceses e tomas de posesión de persoal sociosanitario (que entendemos que soamente recibiron nos centros, nos non as temos, nin están publicadas) din que: “ Exclúese tamén o sábado do cómputo de acordo co establecido no n2 do artigo 30 da lei 39/2015”. Como o que se nos traslada á CIG son interpretacións diferentes desta instrución, pedimos aclaración e o que nos di a directora é que “o sábado non é hábil a todos os efectos”. 

4) Escolas infantís: O caos é a dimensións inimaxinadas. Non existen instrucións de ceses e tomas de posesión do segundo acto de elección de destino e nos servizos centrais a información é totalmente diferente segundo con quen consultemos.

Ainda non están cesadas aquelas persoas que tiñan que estalo a 17/08, co cal non cobran a prestación por desemprego nin poden optar a vacantes, se a Xunta non resolve estas persoas tomarán as medidas legais oportunas, porque é un escándalo o que está a suceder.

Ademais, dende os servizos centrais están pedindo entregar o certificado médico coa toma de posesión cando xa o entregaran cando sairon as listas de aprobadas.

Explica a directora xeral de Emprego Público que no primeiro acto cesaron a todas as persoas que non estabilizaban o día 17 porque estaban as escolas pechadas, agora para o 2º acto continúan na vacante que ocupan como interinas ata que a titular do posto asine a toma de posesión.

Que falarán co departamento de persoal porque non poden ter esa situación irregular coa Seguridade Social e que non poden pedir os informes médicos para as tomas de posesión, xa que esta documentación xa foi entregada cando saíron as listas de aprobadas.

5) A Consellería de Educación enviou mail cun adxunto para presentasen renuncias antes do cese  e a solicitude do carné de conducir para persoal aux coidador, que sentido ten todo isto? Cal é a intención destas solicitudes?
Responde a directora que ten que ser un erro da consellería porque efectivamente no caso das renuncias xa está o cese e non é necesario enviar renuncia algunha e no caso do carné de conducir non é un requisito recollido na RPT.

Por último engaden antes de rematar esta mesa que como retomamos agora a axenda de mesas que sabe que temos que tocar outros asuntos como negociar un novo modelo de procesos selectivos e que tamén quere informar que irán saíndo listas complementarias de novos aprobados de todos os procesos onde non se completaran as prazas, como é o caso de corpos xerais no que sairá a finais de setembro/principios de outubro (uns 20/25 novos aprobados/as).