A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data!

Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente e facer que negocian.

Esta falta derespecto ás organizacións sindicais e ás traballadoras e traballadores é inadmisible.

Unha vez máis, desde a CIG non podemos solicitar outra cousa que a DIMISIÓN DA DIRECTORA XERAL DE EMPREGO PÚBLICO.

BASTA DE SIMULAR NEGOCIACIÓN!