No DOG do 18/06/2021 publican a listaxe de persoas aspirantes que realizaron a proba o 16/03/2021 e superaron o proceso de funcionarización para cada categoría, propoñendo o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira:

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de administración xeral e corpo facultativo de grao medio de administración especial, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade a diversos acordos

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade a diversos acordos

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo da categoría 003 do grupo V (ordenanza, celador/a, vixilante oficinas...) pertencente ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade a diversos acordos