No DOG do 18/06/2021 publican as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso de funcionarización dos grupos I, II e III convocados no 2021:

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e do corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de administración xeral e do corpo facultativo de grao medio de administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico

- RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico