No DOG do 20/07/2021 publican as listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías.

Fan públicas as listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral do grupo I, categorías 2 (médico e outras), 6 (titulado/a superior psicólogo/a) e 11 (titulado/a superior pedagogo/a); grupo II, categorías 2 (ATS e outras), 6 (educador/a. Profesor/a especial), 11 (fisioterapeuta), 17 (asistente social) e 20 (terapeuta ocupacional); grupo III, categoría 50 (técnico/a especialista en xardín de infancia), e grupo IV, categoría 3 (auxiliar de clínica e outras).

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012, e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición.