No DOG do 23/09/2021 publican a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

O prazo para a inscrición será de sete días naturais a partir do seguinte da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.