No DOG do 27/09/2021 publican a  RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre a contratación pública de Galiza.

Os prazos para inscribirse nestas actividades serán os seguintes:

• Para a xornada E-martes, que se desenvolverá o día 5 de outubro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 30 de setembro de 2021.

• Para a xornada E-martes, que se desenvolverá o día 19 de outubro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 14 de outubro de 2021.