No DOG do 03/11/2021 publican a RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galiza.

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:

• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 16 de novembro: desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 11 de novembro de 2021.

• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 14 de decembro: desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 9 de decembro de 2021.