No DOG do 08/11/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, polo persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal