No DOG do 15/11/2021 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publícanse as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test do proceso de funcionarización que se cita no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, ás cales se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

De acordo co disposto na base II.3.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás cualificacións no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no DOG.