No DOG do 31/12/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a brigada) do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test dos procesos de funcionarización que se citan, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ás cales se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion