No DOG do 11/01/2022 publican a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polo Acordo da Mesa do Parlamento de Galiza do 2 de maio de 2019.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución, segundo dispón o artigo 8.d) do Estatuto de persoal do Parlamento de Galiza, deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.