No DOG do 20/01/2022 publican a ORDE do 19 de xaneiro de 2022 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2022.

O título II da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2022, dedica o capítulo II a regular as retribucións de todo o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma, e no artigo 11 establece que as retribucións non poderán experimentar un incremento global superior ao 2 % con respecto ás vixentes en 31 de decembro de 2021, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade.