No DOG do 20/01/2022 publican a RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/ as da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se fan públicas as cualificacións obtidas polos aspirantes no terceiro exercicio do proceso selectivo.

As puntuacións acadadas constan no anexo I.

De acordo co disposto na base II.2.8 da convocatoria, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Concederase un prazo de dez días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

Segundo a base II.1.4 da convocatoria, están exentas de realizar o cuarto exercicio, de coñecemento de galego, as persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado acrediten que están en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado.

Decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas de realizar o cuarto exercicio do proceso selectivo.