No DOG do 21/01/2022 publican a RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2022 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Amplían o prazo en 20 días hábiles.