No DOG do 11/02/2022 publican a RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2022 pola que se modifica a composición da comisión de funcionarización que desenvolverá os procesos de funcionarización convocados ao abeiro do establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.