No DOG do 18/02/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican como anexo ás resolucións a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría, e propoñen o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.