No DOG do 23/02/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2022 pola que se convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos centros de traballo da provincia de Ourense que aparecen no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 8 de marzo de 2022.