No DOG do 30/03/2022 a Axencia Galega de Servizos Sociais publica a RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2022/23 (código de procedemento BS402B).

O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e finaliza o día 13 de abril de 2022.