No DOG do 27/05/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan pública, como anexos a estas resolucións, as baremacións provisionais da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas distintas persoas aspirantes.