No DOG do 30/05/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, do persoal laboral fixo pertencente ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, do persoal laboral fixo pertencente ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 26 de abril de 2021 (DOG número 81, do 30 de abril) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo pertencente ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro), do 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 21 de maio) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro) e 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 12 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Elevan a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test feitas públicas mediante a Resolución do 21 de abril de 2022 (DOG núm. 84, do 2 de maio).

Fan públicas as baremacións provisionais do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica. xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/ funcion-publica/funcionarizacion

Debe indicarse que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado de apto ou non apto e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes puntuables do baremo.

Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia comisión de funcionarización no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.