No DOG do 01/06/2022 o Consello de Contas de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020 (DOG número 148, do 24 de xullo).

Aproban a baremación definitiva dos méritos presentados polas persoas admitidas na fase de concurso.

Fan pública no DOG e no portal web do Consello de Contas de Galiza (https://www.ccontasgalicia.es/gl/content/taboleiro-de-novas-de-procesosselectivos) a baremación definitiva da fase de concurso.