No DOG do 01/06/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO400E).

- EXTRACTO da Resolución do 18 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO400E).

O número de bolsas convocadas será de cinco (5).

A persoa beneficiaria adquire exclusivamente a condición de bolseira, coas obrigas e dereitos dela e conforme as bases, sen ningún outro vínculo laboral ou administrativo co órgano convocante nin coas entidades, en cuxas dependencias se leve a cabo a formación.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2022 cunha duración máxima de seis meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2022.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 6.600,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100,00 € brutos por mes e por bolsa ata un máximo de 6 meses.

O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.