No DOG do 02/06/2022 publican:

- ORDE do 11 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR809A).

- EXTRACTO da Orde do 11 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR809A).

As persoas beneficiarias das bolsas serán persoas tituladas universitarias e con veciñanza administrativa en Galiza.

Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou, fóra desta, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

O importe da bolsa será de 1.350,00 € brutos mensuais, no caso de que o destino sexa no exterior, e 1.100,00 € brutos mensuais, no caso de que o destino sexa na sede da dirección xeral, que se farán efectivos polo importe líquido tras realizar a retención fiscal e da cota obreira que corresponda, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.