No DOG do 15/06/2022 publican:

- ORDE do 30 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXV edición do Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galiza (código de procedemento PR771A).

- EXTRACTO da Orde do 30 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXV edición do Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia (código de procedemento PR771A).

A dotación económica do premio é de 3.500 euros, que estará suxeita á correspondente retención fiscal. Tamén se lle entregará á candidatura gañadora un diploma acreditativo de tal condición.

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos comezará coa entrada en vigor desta orde e finalizará o 15 de outubro de 2022.