No DOG do 16/06/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2022 pola que se anuncia a adxudicación de 33 bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2021 (DOG número 23, do 3 de febreiro de 2022).

- RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se procede á publicación das bolsas concedidas en virtude da Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2022 (código de procedemento CT110A).