No DOG do 17/06/2022 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir noventa (90) prazas, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, (subgrupo A2), correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2021, á cal se acumulan as provenientes da oferta de 2020.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.