No DOG do 23/06/2022 o Servizo Galego de Saúde publica a RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter definitivo as persoas aspirantes admitidas e excluídas e as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluidas, así como as exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso como persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria nas clases de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública, inspector/a farmacéutico/a, inspector/a médico/a, licenciado/a en ciencias biolóxicas, licenciado/a en ciencias químicas, licenciado/a en farmacia, licenciado/a en medicina e cirurxía, licenciado/a en psicoloxía, ATS/DUE e subinspector/a sanitario/a, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluidos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.