No DOG do 27/06/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, da escala de axentes de inspección das especialidades de vixilancia de estradas e de dominio público hidráulico.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.