No DOG do 12/07/2022 publican a ORDE do 8 de xullo de 2022 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia procedente do suprimido Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Acordan a integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galiza das persoas interesadas que se enumeran no anexo I da presente orde, co grupo e categoría profesional segundo o sistema de clasificación profesional establecido no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza, no posto de traballo e co carácter de adscrición a este que se indican.