No DOG do 19/07/2022 publican a RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio económico 2021, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galiza.

Fan públicas as listaxes provisionais das axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2021 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS