No DOG do 19/07/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan públicas, como anexos a estas resolucións, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes.