No DOG do 05/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas polos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2021, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galiza.

Fan públicas as listaxes definitivas das axudas aprobadas e denegadas polos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2021, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

Para o coñecemento íntegro do acto, os solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.