No DOG do 23/11/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Declaran exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro e segundo exercicios.

Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no DOG, as persoas aspirantes actuarán do xeito que se indica.