No DOG do 28/11/2022 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de novembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Onde di: «...que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 2 de decembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas nas aulas 2 e 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.».

Debe dicir: «...que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 2 de decembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas nas aulas 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.».