No DOG do 28/11/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo agrupacións profesionais, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.