No DOG do 20/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro).

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas para a elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.