No DOG do 25/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 14 de decembro de 2022 ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

Respecto do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, non se presentou ningún aspirante, polo que, segundo o previsto na base I.1 da convocatoria, a praza (1) reservada a este sistema de acceso acumularase ás de acceso libre, computando así un total de 9.