No DOG do 25/01/2023 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro), e pola que se convocan para a elección de destino en prácticas as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Publican como anexo I a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

E, a continuación, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo de acceso libre e que, para dar cumprimento á base III da convocatoria, son convocadas á elección de destino en prácticas.