No DOG do 16/03/2023 a Axencia de Turismo de Galiza publica:

- RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TU981A).

- EXTRACTO da Resolución do 10 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TU981A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.