No DOG do 16/03/2023 publican a RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2023/24 (código de procedemento BS402B).

O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e finaliza o día 5 de abril de 2023.

Admitiranse, con carácter excepcional ata o día 15 de marzo de 2024, as solicitudes, pasado o prazo establecido nos seguintes casos:

a) Nacemento, acollemento ou adopción da nena ou do neno con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

b) Cambio de concello por cambio de destino da persoa ao servizo do sector público autonómico solicitante.

c) Outras circunstancias que motivadamente aprecie a persoa titular da Dirección da Agass ou da xefatura territorial que corresponda en función da localidade de prestación de servizos da persoa solicitante.