No DOG do 30/03/2023 publican a RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023 pola que se convoca o Curso superior sobre planificación estratéxica, xestión e comunicación no ámbito da economía pública de Galiza.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, do subgrupo A1 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais que desempeñe postos directivos (vicesecretarías xerais, subdireccións xerais, secretarías territoriais e xefaturas territoriais), de acordo co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza (DOG núm. 82, do 4 de maio).

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 10 de abril de 2023.