No DOG do 30/03/2023 publican a RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, da escala de axentes de inspección das especialidades de vixilancia de estradas e de dominio público hidráulico.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión poderase consultar no portal web corporativo: funcionpublica.xunta.gal